Noticias

Últimas noticias ICOEC

Martes, 03 de Octubre de 2017

Proyecto Mentoring

Os remitimos información sobre el proyecto Mentoring que desde hace dos años impulsa la Universidad de Santiago - USC - y cuenta con el apoyo de este Colegio profesional -ICOEC- y está orientado a estudiantes de Quinto Curso de Odontología y a Dentistas recién Licenciados (1 o dos años).
Se adjuntan las condiciones y lugar de inscripción
ICOEC

Ata día 5 de outubro estará aberto o prazo de inscrición na III convocatoria do Proxecto Mentoring USC de Desenvolvemento Profesional, impulsado pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC.
Trátase dun proxecto de acompañamento para facilitar o acceso ao mercado laboral, no que se porá en contacto ao alumnado de último curso e titulados recentes, con directivos e profesionais de empresas.
Ao longo de cinco meses os mentores ofrecerán apoio aos alumnos para a toma de decisións de cara ao desenvolvemento da súa carreira profesional,  así como información sobre os perfís e requisitos máis demandados no mercado laboral.
O programa vai dirixido a alumnos e ex-alumnos da USC:    Estudantes de último curso de grado
Graduados nos cursos 2015/16 e 2016/17
Estudantes de máster ou titulados de máster no curso 2016/17
Pódese consultar a información do programa e formalizar a inscrición a través do seguinte enlace https://sec-virtual.usc.es/LoginX/Login.asp
Información de contacto:
Área de Orientación Laboral. Tlfnos: 881812853/ 50
proxecto.mentoring@usc.es

  • Comparte/